Os Trazos de Risco (Cap.1) – Vicente Risco e a Arte – Patricia Arias Chachero e Iria-Friné Rivera Vázquez

As investigadoras Iria-Friné Rivera Vázquez e Patricia Arias Chachero son as protagonistas do primeiro capítulo de Os Trazos de Risco, unha serie producida e realizada por Nós Televisión para conmemorar o 140 aniversario do nacemento do que foi o autor máis universalista da Xeración Nós.

Nesta conversa, Arias Chachero e Rivera Vázquez abordan a Risco desde o punto de vista da súa arte.

Gravada integramente no Teatro Principal de Ourense co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingúística da Xunta, da Deputación de Ourense e da Fundación Vicente Risco, os Trazos de Risco está formada por 5 capítulos. Bieito Iglesias e Serxio María Rodríguez Álvarez; Isabel Risco e Luís Martínez Risco; Castor Castro Vicente e Afonso Vázquez-Monxardín; e Valentín García e Celia Pereira serán as parellas que protagonicen as seguintes conversas, enfocadas no pensamento de Vicente Risco, no seu lado máis familiar, na súa espiritualidade e na súa figura desde o punto de vista institucional.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego