Os Premios Youtubeiras abren o prazo de inscrición o 27 de setembro

Este 27 de setembro ábrese o prazo de inscrición dos Premios Youtubeiras 2022 que se prolongará ata o 15 de novembro. A organización dos galardóns leva meses preparando esta edición con encontros presenciais e dixitais, o último realizouse esta mesma semana. Nel abórdase o uso de linguas non hexemónicas.

Premios Youtubeiras

Para acceder ás bases dos VI Premios Youtubeiras debes acceder á web do proxecto. Este ano haberá varias novidades entre as que destaca a participación de canles cun único vídeo publicado e unha reestruturación de categorías. Contarase cun total de oito apartados: youtubeira/o, canle, vídeo, youtubeira/o revelación, premio á calidade lingüística, pioneiro, rede e premio do público. As persoas gañadoras dos sete primeiros recibirán 1.000 euros, mentres que no último caso a dotación económica ascenderá aos 500 euros. Así, os Premios Youtubeiras repartirán un total de 7.500 euros. O prazo de inscrición para competir no concurso abrirá o 27 de setembro e finalizará o 25 de novembro.

Organización

Un ano máis a iniciativa está organizada por servizos de normalización lingüística de diferentes administracións; en concreto os dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, os das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e o da Deputación da Coruña.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego