Os Premios Follas Novas celebrarán unha década recoñecendo o talento do libro galego nunha gala terá lugar este sábado no Teatro Principal de Santiago onde distinguirán figuras clave da edición, a creación e a promoción cultural. A escritora Shahd Wadi, o editor Manuel Bragado e o libreiro Rafael Silva será os premiados de honra desta edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego.
Cada un deles está dedicido desde unha das tres asociacións convocantes dos recoñecmentos. Os editores premiarán ao editor Manuel Bragado, os libreiros ao fundador da libraría Follas Novas de Santiago, Rafael Silva, e as escritoras e escritores galegos recoñecen como escritora galega universal a Shahd Wadi. A gala na que ademais se recoñecerá a produción literaria do ano 2024.comezará as 19:00h e estará presentada polo actor Xosé Barato.
A gala deste sábado
A gala será conducida polo actor Xosé Barato que repasará a actualidade da literatura e levará ao teatro ambientes e sons do mundo do libro. Ademais, estará acompañado pola música en directo do dúo Mr Cool & Rubén Servide, cun formato de guitarra e saxofón. A entrada é libre, pero é necesario solicitar un convite a este enderezo electrónico: oficina@aelg.org.
A gala entregará tamén doce premios ás mellores obras publicadas en galego, en categorías como poesía, narrativa, teatro, ensaio ou divulgación, entre outras. Cada categoría conta con tres finalistas, e os premios procuran destacar obras que, segundo as entidades organizadoras, contribúen á diversidade e calidade do sistema literario galego.