“Os portos que funcionan mellor son aqueles que están abertos á xente”

Que tipo de xestión e que diferentes usos se lle podería dar ao espazo portuario da Coruña? Para buscar respostas a estas cuestións,  máis dun cento de persoas participaron na xornada organizada pola Marea Atlantica ‘Horizonte Coruña: Como imaxinamos o futuro do porto?’. O evento contou coa presenza do economista urbano e ex-director técnico de Marina Valenciana, Ramón Marrades, que presentou o seu estudo ‘Port del futur‘. A equipa de Nós Televisión achegouse para entrevistar ao estudoso e coñecer en detalle a súa valoración sobre os posibles futuros dos espazos portuarios herculinos.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego