Os mellores contidos en galego do Youtube de 2021

Olaxonmario é o grande gañador dos premios Youtubeiras 2021. Ademais de levar o premio ao mellor Youtubeiro, fíxose tamén co de mellor vídeo pola conversa con Portuguese with Leo.

O premio para a mellor canle foi para O Son das ideas. Tamén obtiveron premios Neeumatiko, á calidade lingüística; Pablo Rodríguez Vila, premio impacto; Toxío, á calidade técnica; AstroXabi, á mellor comunicación; Cousas RarismASMR, á creatividade; Cousxs, premio musical; Xacobo de Toro, didáctico e Recuncho Gamer por pioneiros. O premio do público foi para o vídeo de Orgullo Galego, Conversas con Anselmo López Carreira: o reino medieval de Galicia.

Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Moaña, Negreira, O Grove, Pontevedra, Ribadeo, Compostela, Teo e Rianxo, das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego