Cada día máis persoas se fan seguidoras da única televisión privada con contidos completamente en galego. Nós Televisión remata o ano 2021 con máis de 10.000 persoas subscritas na súa canle de YouTube.
Reportaxes sobre temas da nosa realidade máis próxima, entrevistas coas artistas máis destacadas do panorama cultural galego e contidos sobre lingua e literatura son a marca de identidade dunha televisión próxima e comprometida co país.
Acabamos o ano 2021 lembrando os contidos máis visualizados polas persoas que nos siguen.
Os vídeos máis vistos de 2021
Galego de todo o mundo, é o programa máis visto en Nós Televisión. A conexión coa lusofonía é un dos sinais de identidade da nosa televisión. Eduardo Maragoto, presidente da Associaçom Galega da Língua, conduce este programa de actualidade sobre as distintas problemáticas do idioma galego.
Saúde e terra, o programa realizado por Xosé Bocixa para Nós Televisión, dá voz ás persoas máis salientábeis das diferentes disciplinas culturais do país. A entrevista a Xabier Díaz foi o contido máis visto neste ano que remata.
Os documentais e as reportaxes máis visualizadas
As reportaxes e os documentais son outros dos pratos fortes de Nós Televisión. Formatos coidados, de largo percorrido e que aprofundan na historia de figuras esquecidas ou que tratan temas de importancia para a cultura galega. Seleccionamos os tres contidos máis vistos desta sección por seren unha mostra da variedade de temáticas que aborda Nós Televisión.
Os GZ Música máis exitosos
GZ Música é o único programa musical centrado na música en galego. Recolle unha impresionante variedade de estilos e percorre cada ano todos os festivais e concertos que acontecen ao longo do país. Seleccionamos os tres programas máis vistos desta temporada.