#UniversoGalaxia

Os bicos feridos
O

Anna R. Figueiredo

Ninguén fai unha carreira para limpar inodoros. Olivia, despois dun expediente brillante ten que marchar de Compostela e instalarse en londres onde atopa traballo de ou pair nunha familia de clase media.

Sempre lle dixeron que lle iría ben se se esforzaba, se estudaba unha carreira de ciencias, se seguía as regras establecidas e agora sente que o que lle ensinaron é unha grande estafa tanto no eido laboral como no persoal. O móbil e as redes sociais conéctana coa súa vida anterior, mentres se perde nunha cidade de oito millóns de persoas, soa, cun coñecemento precario de inglés e limpando unha casa e un laboratorio, en lugar de traballar nel.

A primeira persoa que se preocupa por ela aparece ao día seguinte nos xornais despois dun accidente na estación de tren de Croydon. Samuel foi unha casualidade nun deses días solitarios en que Olivia visita o Museo Británico. Un rapaz que se lle achega, que a fai sentir ben e que toma unha decisión para a que ela precisa respostas. Unha novela da vida que nos di que un simple aceno pode desencadear unha metamorfose. E que pasa cando isto sucede?

Mercar o libro

#UniversoGalaxia

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.

(Ourense, 1979) é profesora de física e tenoloxía no ensino secundario. Licenciada en Física pola USC, viviu durante 5 anos a cabalo entre Gran Bretaña e Santiago de compostela. Doutorouse na Universidade de Sheffield coa defensada tese: The structure of all-polymer field effect transistors (O efecto da estrutura nos transistores poliméricos de efecto campo). No eido literario recibiu premios como o de Relato Curto de Mugardo (2014), o Quintal Literario (2014) ou o de Relato Curto Inspiraciencia (2014). Colaborou tamén en banda deseñada a través de BD Banda (2008) e na publicación trimestral Contos estaños (2012) Os Bicos feridos (Premio Viadutos de Novela 2018) é a súa primeira novela. Se queres conversar con ela pódela atopar en Facebook, Twitter e Instragram: @theweeraven Os bicos feridos