Os aragoneses Muro Kvartet, gañadores do Concurso Runas 2023

O Festival de Ortigueira 2024 contará coa actuación dos aragoneses Muro Kvartet, que veñen de proclamarse gañadores do Concurso Runas 2023. Finalmente foi a aposta do grupo maño, a que lles permitirá volver ao Festival en 2024, como gañadores no que será o 25 o aniversario deste concurso, que segue mantendo inalterable o seu obxectivo de promocionar os novos valores da música Celta.

O grupo composto por Juan Zalba, Álex Prats, Andrés Campos e Laura Sorribas fixo bailar a Alameda de Ortigueira cun aposta orixinal que fusiona as novas rítmicas coas sonoridades folks. Tal e como o propio grupo maño afirma, o cuarteto de corde é a formación clásica por excelencia, mais agocha un universo de sons cheos de sorpresas.

O xurado estivo composto por Alberto Balboa (coordinador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira), Bruno Lozano (presidente da  Escola de Gaitas de Ortigueira) Segundo Grandío (produtor musical) e Elisardo de la Cruz (do departamento de prensa ddo Festival). Todos os integrantes do xurado fixeron fincapé na calidade do concurso no que tamén figuraban como finalistas Alienda e Guieldu.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego