‘Galego de todo o mundo‘, conducido por Eduardo Maragoto, é un dos programas de Nós Televisión que máis comentarios recibe nas redes sociais. O pasado mes de xaneiro, o programa que abría a serie do ‘Galego explicado no Brasil‘ superaba os 200 comentarios no YouTube.
A meirande parte dos vídeos supera o medio cento de comentarios nos que e abren fíos de discuón dentro da comunidade lusófona.
Outras veces, os comentarios céntranse na reflexión ou nas dúbidas que poidan suscitar os propios vídeos.
Se queres formar parte desta comunidade youtubeira, segue esta ligazón e subscríbete á canle de Nós Televisión!