Ortigueira está xa vivindo unha nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta, que dará cita durante este fin de semana ao groso da programación musical e cultural. O Festival deste 2025 é unha cita máis especial aínda do habitual, pois cúmprense 50 anos da Escola de Gaitas de Ortigueira e 30 anos da recuperación do festival en 1995, tras varios de inactividade.
A inauguración desta edicion tivo lugar xa este pasado xoves, coa presenza de numersoas autoridades, entre elas, o presidente da Xunta, Alfonso rueda, o conselleiro de Cultura, José López Campos, ou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González.
Unha das grandes apostas deste 2025 é o reforzo do Pequefestival, que medra en contido e protagonismo cunha programación pensada para que as familias vivan o festival ao completo.
Outra das grandes novidades é a posta en marcha da Vila Celta, un novo espazo organizado poloa Escola de Gaitas de Ortigueira coa colaboración do Concello de Ortigueira, que acollerá concertos e que servirá en ocasións de punto de partida do Festival na Rúa.




