A oposición critica a validez da Mesa de diálogo entre hostalería e Concello

As tres formacións políticas da oposición no concello de Santiago, PP, PSdeG e BNG, criticaron en diferente medida algúns aspectos das reunións da Mesa de diálogo co sector da hostalería que se veñen desenvolvendo no Pazo de Raxoi. Algunhas das coincidencias referíanse á falta de tempo para estudar o documento presentado polo Goberno municipal e outro a ausencia de colectivos veciñais nas xuntanzas mantidas.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, replicou en rolda de prensa que o texto presentado era un borrador realizado con achegas dos técnicos municipais para traballar na propia Mesa de diálogo.

Martiño noriega amosouse crítico co papel da oposición na mesa de diálogo. “participan para facilitar ou para intoxicar?”

A Mesa de diálogo co sector da hostalería ten previsto manter a vindeira reunión o día 30 de novembro no Pazo de Raxoi.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego