Ofelia Rey Castelao é historiadora, escritora e profesora universitaria. Nace no Concello da Estrada en 1956. No 78 obtén a licenciatura en Xeografá e Historia. Oito anos despois, convértese en profesora titular e catedrática, en 2002. A historiadora tamén dirixiu durante quince anos a revista ‘Obradoiro de Historia Moderna’. Un dos seus traballos destacados máis recentes é a obra ‘El vuelo corto. Mujeres y migraciones en la Edad Moderna’- Con este libro recibiu o Premio Nacional de Historia de España en 2022. Sentamos a falar con Ofelia Rey Castelao no Paraninfo, na facultade de Historia de Compostela.