O XXI Circuíto da Rede de Teatros Alternativos chega o 24 de setembro á Sala Ártika de Vigo

O domingo 24 de setembro comeza a programación correspondente ao XXI Circuíto da rede de Teatros Alternativos na Sala Ártika (Beiramar 113, Vigo). O obxetivo do Circuito é “facilitar a xira fora da súa rexión de orixe a compañías” entre as 54 salas asociadas á Rede en todo o país sendo a Sala Ártika o único espacio en Galicia..

Os espectáculos que pasarán pola sala:

– “Bianco” de Labú Teatre (Cataluña)
Domingo 24 de setembro ás 12:00 e ás 18:00h
Espectáculo para publico familiar (+6 anos)

– “Ellos y yo o esa sensación de que los árboles te miran” da compañía Jordi Font (Cataluña)
Venres 29 e sábado 30 de setembro ás 20:00h
Espectáculo para público adulto

– “Mímesis” de Zig Zag Danza (Asturias)
Domingo 1 de outubro ás 17:00 e 18:30h
Público infantil (de 0 a 3 anos)

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego