Abel Tomé, xornalista nado en Outes en 1984, faise co Premio García Barros 2024 coa obra ‘A noite do Oso‘ destacándose a súa capacidade para “fusionar realidade e lenda nunha narración que avanza no territorio avolto dos segredos familiares ao longo da historia de todo un século”.
O xurado, composto por Carlos Loureiro, Noelia Gómez Calvo, Armando Requeixo, Rosalía Morlán e Marcos Calveiro salienta tamén como “esta novela ganduxa as fías do relato persoal e o comunal, establecendo un diálogo feraz coa figura de Sylvia Plath, que presta a esta narración simbolismo e poder evocativo”.
O Concello da Estrada deu así a coñecer o gañador do certame que conta cunha dotación económica de 9.000 euros e a publicación da obra na Editorial Galaxia.