O Vagón, con SÉS

A invitada do 11º capítulo do videopodcast O Vagón canta aquí e canta na Habana, comezou admirando a condición e agora atopámola nadando na incerteza. E a quen non? Tronzou os valos co xenio destrozado para liberar as arterias e opúxose á extinción amosando raiba ó silencio. Todo sen deixar de aturar nunca tempestades de sal, a banda sonora de toda canta loita xusta se desenvolveu en Galicia nos últimos anos. Pero ela insiste: “tamén canto cancións de amor”. Será, polo menos, mentres quede corazón.

A artista María Xosé Silvar, máis coñecida como SÉS, unha das voces máis representativas da música galega contemporánea, sobe a O Vagón, producido e realizado por Nós Televisión, presentado polo xornalista Luís Pardo e gravado no interior dun tren na Estación de Vedra.

Este programa está patrocinado por Daveiga e conta co apoio de Gadis e a colaboración de Nuria Grandío (@konachadas) para a sección de preguntas na rúa.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego