O protagonista deste episodio 7 do videopodcast O Vagón entrou en todos os fogares galegos como percebeiro furtivo. Anos despois, como integrante do Grupo Chévere, foi Premio Nacional de Teatro, e agora, ultimamente, anda dirixindo un clan de narcos. O actor Miguel de Lira sobe ao tren de Nós Televisión, parado na Estación de Vedra, para conversar co xornalista Luís Pardo e repasar os case 40 anos de vida do grupo teatral, anécdotas persoais e moito máis.
Este capitulo do videopodcast O Vagón está patrocinado por Mariñeiras Daveiga e conta co apoio de Gadis e a colaboración de Nuria Grandío @konachadas para a sección de preguntas na rúa.



