O universo artístico de Leandro Lamas, xa na Casa Museo Picasso

A mostra ‘Versolandradas‘, a nova proposta artística de Leandro Lamas, xa pode verse a Casa Museo Picasso da Coruña. Durante a presentación, o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, puxo en valor tanto a traxectora de Lamas como a construción dunha linguaxe artística propia.

Leandro Lamas destaca polo seu estilo naíf e o uso de cores intensas xunto á sensibilidade social, representando escenas vinculadas á cultura popular, social e política galega.

Ademais de pintor e ilustrador, tamén traballa como actor e director teatral.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego