‘O Tirabeque’ chegará este venres ás pantallas de Cinesa en Compostela e Coruña

A nova película de Darío Autrán, ‘O Tirabeque‘, chegará este venres 3 de febreiro aos Cinesa de Compostela (As Cancelas) e Coruña (Marineda City). O filme, producido por Abismo Caracol e co patrocinio da Deputación de Ourense, presentouse no Festival de Cinema de Ourense e é candidata a 13 Goyas e 14 Mestre Masteo, entre eles mellor director, actor revelación e guion orixinal para Darío Autrán. No reparto atopamos actores e actrices como Celso Bugallo, Lida Veiga, Manuel Manquiña, Melania Cruz e Sabela Hermida.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego