O festival O Son dos Arrieiros inundará as rúas do Concello da Estrada esta fin de semana. A terceira edición deste festival de carácter gratuíto presenta ata unha decena de propostas artísticas de diferentes tendencias musicais, todas galegas, coa intención de amosar que é posible formular propostas de éxito en clave territorial.
O cartel conta con nomes como Boyanka Kostova, Malendrómeda, BabyKatze, hydn ou Guezos, entre outros. A festa inaugúrase o venres 22 de setembro ás 20:30 horas na Rúa Calvo Sotelo co concerto de Carolina Rubirosa, que presentará o seu novo e ambicioso disco “Tierra de Nadie”. Continúa o sábado 23 de setembro cunha extensa xornada de doce horas de música ininterrompida a realizar integramente na carballeira do Campo da Feira. Comezará ás 13:00 horas o grupo Guezos, sucedidos ás 14:00 horas por Djow, as seguintes actuacións serán as de Rayo Taser (15:00 horas), o dj Maefield (16:00 e 18:00 horas), hydn (17:00 horas), Playa Desmayo (19:00 horas), Babykatze (20:00 horas), Malandrómeda (21:00 horas), Elba (22:00 horas), Boyanka Kostova (23:00 horas) e o broche final da dj residente do festival ás 00:00 horas con Señora dj.