O Son dos Arrieiros lanzará unha edición máis reducida neste 2024, que terá lugar o 21 de setembro a partir das 21 horas no Teatro Principal, para colocar as enerxías no traballo dun cambio de formato de cara á nova edición do ano 2025. Así se anunciou no Salón de Xuntas do Concello da Estrada na presentación desta cuarta edición do festival, organizado pola produtora musical dotbeat!, patrocinado pola Xunta de Galicia e no que colabora o Concello da Estrada. Á rolda de prensa asistiron Gonzalo Louzao, alcalde do Concello da Estrada e Patricia Hermida, xerente de dotbeat!.
Unha edición máis reducida no 2024 para coller impulso
Tras tres edicións, O Son dos Arrieiros sigue convencido en traballar para formular propostas de éxito en clave territorial e brindando a oportunidade de coñecer os cabezas de cartel do mañá que non teñen cabida en outros festivais, pero emprega esta edición máis reducida do 2024 para facer unha reevaluación estratéxica.
Segundo as palabras de Patricia Hermida, ‘estamos nun momento en que a escena emerxente galega é vibrante e está abríndose camiño por mérito propio nas programacións habituais. A esto súmase a aparición de novas iniciativas que gracias ao apoio da administración pública, están sendo conscientes do momento no que estamos e puxa polas novas fórmulas musicais’.
Un novo formato cara ao 2025
Por eso, O Son dos arrieiros presentou un plan de reconversión bianual e está a traballar de cara ao 2025 nun festival transformador que evolucione de cara as expectativas do público, que ofreza unha experiencia máis íntima e personalizada e que perfile novas ideas que farán o festival aínda máis participativo, buscando unha vivencia diferencial na próxima edición.
A cuarta edición de O Son dos Arrieiros será de transición de cara a un formato ‘xa moi perfilado e con algúns artistas confirmados para o 2025’ en palabras de Louzao, e segue a celebrar a gran riqueza de estilos dos que gozan os nosos creadores galegos.
2024: Carlos Ares, Luis Fercán e Señora DJ
Nesta ocasión, subiránse ao palco do Teatro Principal, a partir das 21 horas, Carlos Ares e Luis Fercán, dúas das voces de autor con máis proxección a nivel nacional e que veñen a presentar os seus novos traballos discográficos.
Nado na Coruña en 1997, o multiinstrumentista, cantautor e produtor Carlos Ares forxou a súa identidade artística a través da música, converténdoa no medio que reflicte os seus cambios persoais e vitais. A súa carreira nestes once anos estivo marcada por unha dedicación artesanal que o levou a destacar como un produtor xeneroso e talentoso, colaborando con nomes destacados da nova escena musical nacional como Marc Seguí ou Paula Cendejas.
Na súa travesía musical, Carlos Ares atopou a súa voz única e auténtica. O seu álbum debut, titulado ‘Peregrino’, que viu a luz o pasado 9 de febreiro de 2024, reúne as súas raíces galegas, o amor polo rural e a simplicidade na creación. Cancións como “Amigo”, ‘Terrícola’, ‘Aquí Todavía’ e ‘Rocíos’ son adiantos que capturan a esencia do seu son orgánico e vangardista ao mesmo tempo.
Máis que un músico, Carlos Ares consolídase como un peregrino musical, explorando e compartindo a súa viaxe co público. No escenario, o seu proxecto ‘Peregrino’ cobra vida cunha forza adicional, respaldado por músicos de primeiro nivel que contribúen co seu talento a enriquecer a experiencia para os seguidores e descubridores deste proxecto único. Con todos estes elementos, Carlos Ares perfílase como un dos aspirantes máis prometedores ao título de artista revelación no curso 2025.
Tras pasar por varias bandas, Luis Fercán inicia en 2016 a súa carreira como músico en solitario.En 2018, publica o seu primeiro LP, “Grieta”, que recibe unha moi boa acollida grazas á mestura entre a profundidade das súas letras e a personalidade que se ve claramente reflectida nun proxecto tan maduro.
En 2019, Luis lanza o EP “Furias”, cuxo sinxelo “110” alcanza, a día de hoxe, os 3 millóns de escoitas en Spotify sen entrar en listas, o que reafirma o estatus do músico como un dos talentos emerxentes con maior proxección do panorama musical nacional.
En novembro de 2021 presenta o seu novo disco “Canciones Completas Desde Una Casa Vacía”, producido por Nacho Mur, un traballo no que se reflicte artística e conceptualmente o momento creativo no que se atopa a carreira do músico galego. Algo que se constata nos máis de 100 concertos que tivo a xira deste último disco por España e México.
En febreiro de 2024 publicou o seu terceiro álbum de estudio «Postales Perdidas» que seguirá sendo recoñecido pola súa característica voz rachada, coa que é capaz de cativar a calquera que estea escoitando xa que, é na intimidade das salas e no seu poderoso directo, onde Luis brilla con maior intensidade.
Señora DJ é unha DJ galega residente en O Son dos Arrieiros. Desde o seu debut en 2016, deixou pegada en festivais como o Atlantic Fest, Vive Nigrán, Festival de la Luz… e en salas como La Karma en Pontevedra, Sonar en Santiago e Radar e Kominsky en Vigo.
O seu estilo único fusiona indie, pop, urbano, disco e techno. Destaca as súas raíces incluíndo grupos como Grande Amore, Fillas de Cassandra ou Berto.