A QUE SOA VIGO?
Son da Cidade é o libro sobre a música local viguesa do século XXI.
Que se está a cociñar nos estudios e salas de concertos da cidade olívica? Do rock ao trap, pasando polo folk, reggae e iazz, nas súas páxinas altérnense textos, debuxos e material gráfico sobre case cincuenta artistas locais que representan a súa ampla e variada escena musical.
De sempre, Vigo gozou dunha importante tradición musical. Mesmo antes da Movida dos oitenta, a urbe galega non deixou de acoller o talentosos artesáns do son. Malia que a súa sona mediática sexa menor, na actualidade conta cun potente e diverso abano creativo, con artistas de referencia nos seus respectivos estilos.
Dunha maneira visualmente atractiva, amena e accesible a todo tipo de públicos, este ensaio ilustrado pioneiro pretende divulgar o panorama actual e descubrir a que soa Vigo.
Denis Carballás e Pablo Vázquez, ambos os dous vigueses de 1995, colaboran xuntos desde que se coñeceron mentres estudaban Comunicación Audiovisual en Pontevedra. Culminaron a carreira co seu documental Cuna de músicos, que recibiu críticas moi positivas no eido musical local e foi seleccionado na 32ª edición do Festival Cineuropa, en Santiago de Compostela. O filme fai un percorrido polas últimas catro décadas da música viguesa a través de dezasete entrevistas e abundante material de arquivo. A maiores, filmaron xuntos varios videoclips e concertos de artistas vigueses.