O segredo das Cíes
O

Nas Cíes vivían moitos seres que desfrutaban das súas praias de area branca e augas cristalinas; desde sempre actuaban como xefas as gaivotas patiamarelas… pero non todas, só os machos, que se vían coma un exército formado por soldados e mandado por xenerais!!! Pero para a píllara Noa e os seus amigos Xan o ourizo e a gaivota Saínza esa situación tiña que cambiar, pero xa! Había que acabar coa tiranía dos xenerais! Tras conseguir que se celebrara unha asemblea en territorio neutral, todos os animais das illas acordaron que a partir dese momento todas as decisións se tomarían en conxunto… E ningún dos xenerais foi quen de abrir o peteiro para protestar. Con esta obra publicada por Baía e ilustrada por Blanca Millán a autora, A.R. do Lobo, gañou o V Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'