Rebeliom do Inframundo e La Duendeneta serán os grupos encargados de pór a música nesta festa de presentación de edición do Festival Revenidas que terá lugar ás nove da noite este xoves, 5 de setembro, na Cofradía – Taberna Cultural de Vilanova de Arousa.
Revenidas 2024
O Revenidas, que terá lugar do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán, conta no seu cartel con figuras internacionais como Miss Bolivia, que chega a Vilaxoán para presentar en directo o seu novo disco, Bestia, publicado o pasado mes de marzo. Tamén é sobresalinte a incorporación de Muchachito Bombo Infierno, unha figura esencial na escena española da música de mestizaxe neste século, os dúo de Mataró The Tyets, que coa súa proposta de “trapetón”, converteuse no primeiro grupo que canta en catalán con máis dun millón de oíntes ao mes en Spotify. Tamén dende Cataluña, nesta caso dende Cornellá de Llobregat chegan Muyayo Rif, oito músicos capaces de fusionar nun estilo propio punk, ska, reggae, latin e rock.
Dende Valencia chega Xavi Sarriá, o que fora líder dos míticos Obrint Pas, para ofrecer o que será o seu derradeiro concerto en Galicia antes da súa retirada. E de Chiclana (Cádiz) procenden Trashtucada, un septeto que mestura rock, reggae e ska.
A xa notable presenza galega nos avances do cartel do Revenidas reforzase agora co anuncio do concerto especial “Rebeliom do Inframundo é un movemento”, no que a banda estará acompañada dun nutrido grupo de artistas convidados. Tamén estarán presentes en Vilaxoán Dakidarría, García MC & Nación Quilombo, Mekanika Rolling Band, Uxía Lambona e A Banda Molona, La Yaya Dj e A Duendeneta.
De Ninghures e Catuxa Salom súmanse ao cartel de Revenidas 2024 co Concierto Vibra Mahou. As dúas formacións foron seleccionadas a través do acordo de colaboración establecido entre a cerveceira e a Fundación Paideia Galiza, co obxectivo de apoiar o talento e impulsar proxectos musicais incluídos dentro dos programas de aceleración promovidos pola fundación.
Revenidas conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros en torno ao directo.
Nas vindeiras semanas o Revenidas anunciara as actividades complementarias que se realizan coa colaboración de Turismo Rías Baixas, como son os concertos a bordo, a gala de circo e os roteiros por Vilaxoán.
Tamén nas vindeiras semanas, varias salas de concertos da ría de Arousa acollerán distintas festas de presentación do festival Revenidas 2024.
ABONOS, ENTRADAS E ACAMPADA
Os abonos para os catro días do Revenidas 2024 están á venda na páxina web www.revenidas.com a un prezo de 63€ (+gastos de xestión).
Dende hoxe están tamén á venda as entradas por día. As primeiras 500 venderanse a un prezo de 33€ (+gx) as do xoves e 38€ (+gx) tanto as do venres como as do sábado.
As persoas que merquen o abono poderán reservar na web o acceso á acampada do Rial (a piques de agotarse) por un importe de 10 euros.
Ante a boa venta e a gran demanda de acampada, Revenidas creará de novo outra zona de acampada na Pelada, e dende xa os compradores de entradas de día e dos abonos, poderán reservar o seu espazo na mesma.
A xornada do domingo na que se celebará a tradicional sardiñada popular, simbolo do festival, será con entrada gratuíta.
O Revenidas, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, tamén ofrece 200 abonos cun 15% de desconto aos mozos e mozas titulares do Carné Xove.