Os #sábadosNósTv seguen popularizándose. O pasado sábado, 30 de xaneiro, Nós Televisión estreaba o terceiro programa de ‘Saúde e Terra. Voces da cultura galega‘ simultaneamente na canle de televisión -o 119 de R- e na canle de Youtube. En menos de 24 horas, o programa de ‘Saúde e Terra’ protagonizado por Xurxo Souto superaba o milleiro de visualizacións.
O programa, realizado por Xosé Bocixa para Nós Televisión, bate marcas de audiencia cada semana no YouTube de Nós Televisión. O programa protagonizado por Xabier Díaz achégase ás 3.000 visualizacións e aproxímase ás 1.000 o ‘Saúde e Terra’ centrado no proxecto musical de MounQup.