Os festivais forman parte das programacións culturais dos nosos veráns. E que mellor forma de impulsar os festivais audiovisuais que tecendo pontes coa outra beira do Miño? A Deputación de Pontevedra xunto con Proxecta, coordinadora que promove a defensa e socialización de proxectos audiovisuais, organizan o ‘I Encontro Luso-Galaico de Festivais Audiovisuais’ que unirá o talento galego e portugués este venres e sábado, o 17 e 18 de xullo.
No encontro, haberá cinco mesas de debate na que participarán 23 persoas co obxetivo de sumar sinerxias e visibilizar o talento e a ambición da xente da provincia que xapon en marcha proxectos como os Rías Baixas Film Fest, unha marca distintiva creada pola propia Deputación.
Deste xeito, nestas xornadas participarán os festivais que integran os Rías Baixas Film Fest, como é o Play-Doc, Cans ou FICBueu, mentres que de Portugal acudirán representantes da Asociación ao Norte, da Agência da Curta Metragem, da ESMAD (Escola Superior de Media Artes e Design de Porto), de Porto/Pos/Doc Film & Media Festival, do Festival Curtas Vila do Conde e do CINANIMA (Festival Internacional de Cinema de Animação de Espinho).
Podes ver o programa do encontro na seguinte ligazón.