A histórica líder veciñal de Pontevedra, Pilar Señoráns, presidenta da Asociación de veciños de Santa María, será a encargada de abrir as Festas da Peregrina co seu pregón ás 12 do mediodía deste sábado. Esta é precisamente unha das maiores novidades desta edición xa que o pregón se dará por vez primeira desde o balcón da Casa do Concello.
Deste xeito, ata o domingo 20, as ofertas culturais e de ocio encherán as rúas de Pontevedra. Estas Festas da Peregrina, que un ano máis se caracterizan pola súa programación aberta a todos os públicos. No cartel desta edición destacan artistas locais como Furious Monkey House, Gran Garaje mais tamén outros a nivel nacional e estatal como Baiuca, Vanesa Martín, Mägo de Oz, Pimpinela, Recycled J o La Maravillosa Orquesta del Alcohol (La M.O.D.A.).