O vindeiro 21 de setembro cumpriranse vinte anos da creación do Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unaniminidade no Parlamento de Galicia. A raíz deste aniversario, e da posibilidade da súa actualización, Nós Televisión unha serie de entrevistas a diferentes entidades da lingua. Podería darse un novo Pacto polo Galego?
Valentín García, SXPL
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, valora ante as cámaras de Nós Televisión a posibilidade de chegar a un novo acordo de país arredor do galego co obxectivo de “actualizar e pulir” o Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL) aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia hai vinte anos. Que folla de ruta quere marcar o goberno?
Víctor F. Freixanes, RAG
O presidente da Real Academia gALEGA, Víctor F. Freixanes, TAMÉN FALA arredor dun posible novo pacto polo galego, o decreto do plurilingüismo ou cara a onde debe virarse o timón das políticas lingüísticas. Freixanes solicita, por exemplo, a derrogación do decreto do plurilingüismo no ensino.
Antonio López, USC
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela chama á realización dunha diagnose acertada da actual situación da lingua galega de cara a unha posible actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística que o vindeiro 21 de setembro cumprirá 20 anos. Antonio López destaca a necesidade de reforzar o uso do galego nos espazos máis ordinarios da vida.
Marcos Maceira, Queremos Galego
O voceiro da Plataforma cidadá Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística valora ante as cámaras de Nós Televisión a posibilidade dun novo pacto pola lingua que actualice o Plan Xeral de Normalización Lingüística co gallo do seu vinte aniversario, que se producirá o vindeiro 21 de setembro.