O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle esta tarde a entrega dos Premios Mil Primaveras

O Pazo de Cultura de Pontevedra acolle este venres, 9 de xullo ás 19.30 horas, a entrega da cuarta edición dos Premios Mil Primaveras, creados en 2019 pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) coa finalidade de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que teñen como obxectivo principal o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e prestixio.

No acto, que contará coa actuación de Matrioskas, entregaranse os premios aos seguintes proxectos: Asociación Faladoiros Vigo (proxecto asociativo vigués para promover espazos de comunicación en galego), Caranvexo TV (iniciativa do Concello de Moaña en colaboración con 11 centros educativos do municipio), Laboratorio de Apoderamento Lingüístico (programa baseado en técnicas da educación social para traballar a autoestima lingüística na mocidade) e Na Utopía.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego