A nova ubicación do tradicional Mercado de Nadal que este ano muda de lugar para situarse na peonil rúa Carreira do Conde, superou as espectativas doutros anos con 107 solicitudes, 21 máis que na edición anterior. Para a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, esta circunstancia indica que o cambio foi positivo.
Ademais de postos da cidade este ano participarán no Mercado de Nadal artesáns do resto de Galiza e Portugal
O horario do Mercado será de luns a venres de 11 a 15 horas e de 17 a 21 horas e os sábados e domingos de 11 a 21 horas (horario ininterrumpido). Tamén haberá un horario especial os días 24 e 31 de decembro (de 11 a 18 horas), o 25 de decembro e o 1 de xaneiro (de 18 a 21 horas) e o 5 de xaneiro (de 11 a 21 horas).