O lobo en Galiza, ameaza ou patrimonio?

O lobo é un símbolo na cultura popular galega. Recentemente, a Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e de Biodiversidade aprobou incluír ao lobo na Lista de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial. Que suporía esta decisión? Como é recibido no rural galego? A relación coa contorna natural está marcada pola precariedade? Afondamos na figura do lobo en Galiza e as posibilidades dun rural digno e vivo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego