O libro “Zeca Afonso para crianças”

Un proxecto de Semente e a Associaçom José Afonso para dar a coñecer a figura de Zeca entre as xeracións máis novas

Zeca Afonso volve a Santiago, esta vez da man da Escola Semente que publicou o libro “Zeca Afonso para crianças”, en colaboración coa Asociaçom José Afonso Galiza. Conta con 12 obras ilustradas, que esperan salte a brecha transxeneracional e ensine aos máis cativos a importancia cultural e política do cantor portugués.

Un libro con dúas grandes metas, divulgar a imaxe de Zeca Afonso entre as xeracións máis novas e axudar a recadar fondos á Escola Semente para a construción do primario, todo por só 15 euros. Nun futuro, a AJA Galiza ten intención de divulgar o libro non só polo resto do territorio do país, senón tamén ata Portugal.

Falamos con Odilo González Carnero, da directiva da AJA.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego