Preto de 326.000 visualizacións colocan o vídeo ‘Português vs Galego com @olaxonmario‘ como un dos máis vistos da canle de ‘Portuguese With Leo‘, dedicada á aprendizaxe de portugués europeo. Neste mesmo camiño, colócase o último vídeo subido a esta canle no que é entrevistado o presidente da Associaçom da Língua Galega (AGAL), Eduardo Maragoto. Baixo o título, ‘Um português consegue falar galego?‘, o vídeo acumula máis de 17.000 mil visualizacións en menos de 24 horas.
Neste capítulo de ‘Portuguese With Leo’, Maragoto, presentador do programa Galego de todo o Mundo de Nós Televisión, explícalle a Leo o reintegracionismo galego e ensínalle a transformar o seu portugués en galego. A popularidade destes vídeos en galego no YouTube demostra máis unha vez a capacidade de influenza da nosa lingua.