O galego na morte

Ata finais do século XX na maioría dos camposantos non había ningunha lápida en galego. Hoxe a realidade é ben diferente: en todos os concellos hai algunha e a tendencia é ao medre.

Unha reportaxe de Nós Televisión, gravada en boa parte no concello de Burela, coas conversas co tenente de alcaldesa, Mario Pillado, e con Bernardo Penabade e David Canto sobre o proxecto ‘Palabra e Memoria’ e a iniciativa documental ‘O galego na morte’. Un audiovisual feito co patrocinio do Concello de Burela, e coa participación de veciños, veciñas, comerciais ou persoal investigador e coidador do cemiterio parroquial da vila.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego