O galego na era dixital

Década de 2000 (Capítulo 3)

No final da década de 2000 o debate sobre o galego irrompe con virulencia no ámbito político e social. O goberno bipartido do PSdeG-BNG aproba un decreto que aumenta a presenza do galego no ensino. Frente a iso, o Partido Popular rompe con algunhas das súas posicións previas e apoiase en sectores, até o momento marxinais, que mesmo questionan o status legal alcanzado pola lingua galega. Galiza avanza para unhas elecións autonómicas nas que o debate lingüístico vai ocupar unha parte importante da campaña electoral.

*Este vídeo pertence ao documentario realizado por Nós Televisión para a AGAL ‘1981, Ano zero da língua galega’.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego