‘O galego explicado em Portugal’ alcanza máis de 200.000 reproducións

Tamén triunfan a entrevista ao presidente das Ikastolas e ás Tanxugueiras

Máis de 204.000 reproducións converten ao vídeo ‘O galego explicado em Portugal‘ como un dos máis vistos da canle de youtube de Nós Televisión. O vídeo, publicado no verán de 2018 e protagonizado polo presidente da AGAL Eduardo Maragoto, explica a nosa lingua para o país veciño.

Outros vídeos populares

Botando a ollada ao 2021, un dos vídeos máis vistos é a entrevista realizada a Koldo Tellitu, presidente da Confederación de Ikastolas, ao tempo que este ano 2022 triunfa a entrevista realizada por Nós Televisión ás Tanxugueiras por mor do seu disco ‘Contrapunto’.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego