Na década de 90, o galego enfrenta a perda da transmisión interxeracional mentres o director xeral de política lingüística dos gobernos de Fraga crea o conceito ‘Bilingüismo harmónico’. Esta palabra de orde será a que dirixirá as políticas lingüísticas dos gobernos da Xunta durante toda a década.
No ano 1999 Camilo Nogueira decide realizar as súas intervencións no Parlamento europeo en galego reintegrado, como xa tiña feito o anterior eurodeputado José Posada, de Coalición Galega. Este acontecimento dá lugar á publicación de artigos arredor da cuestión normativa no xornal La Voz de Galicia.