O forum ‘ A lingua e o reino’ cruza o seu ecuador cunha visita ao pasado de esplendor da Catedral de Santiago

As xornadas ‘A lingua e o Reino, entre Compostela e Braga’ que organiza a área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña coa Rede da GaliLusofonía chegarán este martes, 14 de de marzo, a Compostela. O programa de actividades, que deu inicio en xaneiro e finalizará en maio, traballa o coñecemento sobre o medievo e, nesta ocasión, afondará no emblematico símbolo artístico e histórico da Catedral de Santiago a través dunha visita guiada da man de Ramón Yzquierdo Peiró, director técnico-conservador do Museo da Catedral. A visita producirase este martes, día 14 de marzo, ás 17.30 horas e terá unha duración aproximada dunha hora.

A próxima actividade terá lugar o 28 de marzo ás 19.30 horas no EOI de Santiago coa palestra ‘Lírica galego-portuguesa, a poesía dun Reino’ con Mariña Arbor, filóloga, investigadora e profesora da Universidade de Santiago.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego