Nós Televisión emitirá na noite deste mércores, 16 de abril, ás 21 horas, o documental Pio Latrocinio que ao longo de 45 minutos narra unha das anécdotas máis sorprendentes da historia do cristianismo, que foi protagonizada por unha das figuras máis importantes do Reino de Galiza, o arcebispo Diego Xelmirez.
A película conta coa colaboración especial do actor galego Carlos Blanco quen realiza unha breve introdución e despois o director Fernando Cortizo conta os feitos mediante entrevistas a expertos historiadores que actúan como narradores. Todo isto completado con pequenas animacións multitécnicas nun estilo medieval similar aos gravados e ilustracións dos códices medievais.
Ademais o documental lévanos a coñecer todos aqueles lugares onde aconteceron os sucesos.
Sinopse
Corría o ano 1102 cando Diego Xelmirez, recentemente nomeado Bispo, decide facer un amigable viaxe lóstrego á portuguesa cidade de Braga. Pero o que parecía unha visita de confraternización non era máis que parte dun clandestino plan, propio das historias de Agatha Christie. Tras visitar de día e celebrar misas en cinco igrexas de Braga, a súa comitiva, que incluia expertos canteiros, utilizaba as noites para saquear as reliquias de San Fructuoso, San Cucufate, San Silvestre e Santa Susana.
Tras a súa conquista prepara un recibimento entre multitudes na catedral de Santiago o 19 de Decembro de 1102. Aquel feito cambiou para sempre a historia de Santiago e do Reino de Galiza.
Ficha técnica
Producido por Rupes Nigra
Guión e dirección: FERNANDO CORTIZO
Narrador :CARLOS BLANCO
Fotografía: FERNANDO CORTIZO
Edición y montaje: FERNANDO CORTIZO
Producción: ISABEL REY