Bravú XXX, o filme documental producido e realizado por Nós Televisión coa colaboración especial de Xurxo Souto, que conduce e presenta o audiovisual en formato road trip, poderá verse ao longo de novembro en numerosos lugares de Galicia para celebrar o trinta aniversario do bravú.
PROXECCIÓNS DO FILME DENTRO DO PROGRAMA OUTONO DAS ARTES DE A CULTURA É UN DEREITO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
19 de novembro. Arzúa. EFA Piñeiral. Ás 12:20 horas.
21 de novembro. Ribeira. Auditorio Municipal. Ás 11.30 horas.
21 de novembro. Cedeira. Auditorio Municipal. Ás 11.30 horas.
22 de novembro. Corcubión. Capela de Pilar. Ás 20.00 horas.
23 de novembro. Malpica. Auditorio do Centro Cívico. Ás 20:00 horas
29 de novembro. Melide. Centro Sociocultural Mingos de Pita. Ás 20:00 horas.
29 de novembro. Carnota. Salón de actos do Concello. Ás 21:00 horas.
30 de novembro. Boiro. Centro Social. Ás 19:30 horas.
30 de novembro. Muxía. Salón do Voluntariado. Ás 20:00 horas
PRESENTACIÓNS E PASES ESPECIAIS CON COLOQUIOS E/OU CONCERTOS
19 de novembro en Santiago. Ás 19:00 horas, no Centro Xove de Creación Cultural, na Almáciga. Proxección do filme con presentación e coloquio con Xurxo Souto e Nós Televisión. Entrada de balde para todos os públicos.
22 de novembro, na Coruña. Ás 21.00 horas, no Teatro Colón. Gran festa de aniversario do bravú, con proxección do documental e concerto especial da Orquestra Bravú Xangai con colaboracións de Sés, Gabi dos Vacalouras, Richi dos Rastreros, Rafa do Caimán do Río Tea, Benxa dos Impresentables, Xosé Manuel Pereiro de Radio Océano e moitas máis sorpresas. Entrada de balde a todos os públicos até completar aforo.
29 de novembro, en Pontevedra. Ás 21:00 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura, dentro da programación do Culturgal. Gran festa de aniversario bravú, con Proxección do documental e concerto especial do grupo Rager (Proxecto Xeración Sónica de Pontevedra), xunto coa Orquestra Bravú Xangai.
ESTREA EN NÓS TELEVISIÓN EN ABERTO O 11 DE DECEMBRO
BRAVÚ XXX estrearase en Nós Televisión o 11 de decembro, antes de rematar o ano e para culminar esta conmemoración do trinta aniversario deste movemento. A partir dese día, o documental estará dispoñible en aberto na canle de youtube de Nós Televisión; na canle 119 da plataforma de televisión de R para toda Galicia; e na plataforma de Movistar Plus+ de contidos baixo demanda para todo o Estado español.