O Festival Noroeste Estrella Galicia arranca hoxe na Coruña a súa 37ª edición, a máis extensa ata a data

A Coruña prepárase para abrir hoxe a 37ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia cun programa que abarca música e artes escénicas. O Goberno de Inés Rey busca reforzar o liderado do Festival Noroeste Estrella Galicia como evento cultural de referencia no noroeste peninsular.

Nesta edición o festival dá un paso adiante ao incorporar as artes escénicas con estreas destacadas nas súas dúas liñas programáticas:, “Noroestiño” e “Contos ao Noroeste”, sendo precisamente esta disciplina a protagonista da súa primeira xornada.

Vero Rilo e Luis Iglesias abrirán o Noroestiño hoxe na Praza de Vigo ás 19.00 horas co espectáculo CACHO ANIMALADA!. Unha sesión de narración oral e música para público infantil e as súas familias. A narradora Vero Rilo acompáñase desta vez da guitarra, da voz (e outros trebellos) do multifacético Luis Iglesias.

Paralelamente, Avelino González actuará nos Xardíns de Méndez Núñez ás 19.00 horas para abrir os Contos ao Noroeste cun espectáculo baseado en historias de amor. O polifacético Avelino González sorprenderá cunha novidosa proposta de narración oral, teatro, audiovisual e humor no que mistura o vello co novo para falar de amor. Ambos espectáculos son de balde e abertos a todos os públicos.

Mércores 7 – Diferentes localizacións

13.00 h – Hormigonera (Campo da Leña)
14.00 h – Travis Birds (Praza da Azcárraga)
19.30 h – Leticia Rey Quintet (Castelo de San Antón)
20.00 h – Patax (Praza da Azcárraga)
20.30 h – Tiburona (Campo da Leña)
21:00h – Martin Kohlstedt (Castelo de San Antón)
21.00 h – Lura (Santa Margarida)
22.00 h – Zënzar (Campo da Leña)
22.00 h – Ife Ogunjobi (Praza da Azcárraga)
22.45 h – Salif Keita (Santa Margarida)
23.30 h – Meu (Campo da Leña)
00.00 h – Terrae (Santa Margarida)
00.30 h – Martha High (Praza da Azcárraga)

Xoves 8 – Diferentes localizacións

13.00 h – Lemot (Campo da Leña)
14.00 h – Garufa Blue Devils Big Band (Praza da Azcárraga)
19.30 h – Trío da Kali (Castelo de San Antón)
20.00 h – Virgina Red (Praza da Azcárraga)
20.30 h – Zalomon Grass (Campo da Leña)
21.00 h – Lapido (Castelo de San Antón)
21. 00 h – Caamaño&Ameixeiras (Santa Margarida)
22.00 h – Kamikaze Helmets (Campo da Leña)
22.30 h – Imägo (Praza da Azcárraga)
22.45 h – Bcuc (Santa Margarida)
23.30 h – Repion (Campo da Leña)
00.30 h – Chambao (Santa Margarida)
00.30 h – Soul Teller (Praza da Azcárraga)

Venres 9 – Praia de Riazor

21.15 h – Fillas de Cassandra
22.30 h – Xoel López
00.30 h – Crystal Fighters

Sábado 10 – Praia de Riazor

21.00 h – Triángulo de Amor Bizarro
23.00 h – Vetusta Morla
01.00 h – The Rapants

CONTOS AO NOROESTE

AVELINO GONZÁLEZ (5 agosto, 19.00 h – Praza de Vigo)
ROI DA COSTA (6 agosto, 19.00 h – Praza do Humor)
BEA CAMPOS (7 agosto, 19.00 h – Praza das Bárbaras)
PEPO SUEVOS (8 agosto, 19.00 h – Praza de Pontevedra)
ATENEA GARCÍA (9 agosto, 19.00 h – Praza de Vigo)
LETI DA TABERNA (10 agosto, 13.00 h – Praza do Humor)
CELSO SANMARTÍN (10 agosto, 19.00 h – Praza do Humor)
MARITA MARTÍNEZ (11 agosto, 13.00 h, Praza de Pontevedra)
XOSÉ A. TOURIÑÁN, CARLOS BLANCO, DAVID PERDOMO, LUCÍA VEIGA

Domingo 11 agosto – 20.00 h – Parque de Santa Margarita

NOROESTIÑO
VERO RILO E LUIS IGLESIAS – 5 agosto
CÉ ORQUESTRA PANTASMA – 6 agosto
PACO CERDEIRA – 7 agosto
PACO NOGUEIRAS – 8 agosto
OS MONFIATES – 9 agosto
FRAN AMIL – 10 agosto
Programación de balde orientado público infantil, todos os días a partir das 19.00 horas nos
Xardíns de Méndez Núñez.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego