O Festival de Ortigueira amplía o seu compromiso coa difusión da música e cultura tradicional galega a través dunha nova iniciativa que recibe o nome de Laboratorio de Cántigas Novas (LAB).
Esta proposta será presentada o vindeiro 14 de febreiro ás 12.30 horas no Museo do Pobo Galego.
O LAB desenvolverase de marzo a xullo do 2025 na Escola de Gaitas de Ortigueira, con sesións cada dous sábados, e estará aberto a todas as persoas interesadas na creación, composición e interpretación da lírica popular galega.
Con esta aposta pola formación, o Festival busca desestacionalizar o seu impacto e manter viva a tradición musical durante todo o ano, nun ano idóneo, dado que o Día das Letras Galegas adícase ás Cantareiras.