O Festival dos Eidos homenaxea a Carlos Oroza, quen viviu na casa de Novoneyra nos anos sesenta

O Festival dos Eidos volve colocar a poesía no centro das celebracións cunha homenaxe a Carlos Oroza, quen viviu na casa de Uxío Novoneyra, en Parada do Courel, durante a década dos 60. A Fundación Uxío Novoneyra decide lembrar a Oroza cando se cumpren cen anos do seu nacemento en Viveira. Para isto, o certame, que se celebrará do día 25 ao 27 de agosto, contará cos recitais das poetas Chus Pato, Eva Veiga, Ana Romaní, Marina Oroza e Antón Reixa.

Ademais de poesía, o Festival dos Eidos tamén contará con cine. En concreto, coa proxección da película Zumiriki, de Óscar Alegría. O programa integra tamén dous roteiros. Un será de carácter ornitolóxico, pensado para o avistamento de paxaros, con Xavier Vázquez Pumariño, e o outro guiado será pola Fundación Legar, e percorrerá a paisaxe sonora de Uxío Novoneyra.

Festival Os Eidos – Edición 2019

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego