O Festival de Ortigueira supera as propias expectativas e acada máis de 100.000 visitantes

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira non só se converteu durante oito días na capital mundial da cultura celta senón que volveu demostrar a súa capacidade de atraer a milleiros de persoas e de subir ao mellor do panamorama musical aos escenarios.

Os Carecos, Xabier Díaz&Adufeiras de Salitre e Covagueira son as estrelas que pecharon cos seus concertos nunha das edicións máis ambiciosas do festival que acadou 70 horas de música celta, interpretada por máis de 200 artistas, de 45 formacións, con 300 persoas
traballando para que os máis de 100.000 visitantes gozasen de oito días nos que Ortigueira
convértese na capital mundial da cultura celta.

A boa convivencia entre persoas de diferentes partes de dentro e fóra das nosas fronteiras, o civismo e o respecto ao medio por parte da mocidade na zona de descanso en Morouzos foron outros dos aspectos para destacar, segundo a opinión recollida aos propios usuarios, que desexan repetir, esperando xa a edición de 2024.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego