O FESTIGUAL da Fundación Emalcsa levanta o telón da súa décima edición cun cartel no que figuran as artistas máis destacadas do panorama galego e que xa teñen pasado polo festival ao longo desta década: Guadi Galego, Uxía, A banda da Loba e Chungo Pastel. Conducido polas presentadoras Leti da Taberna e Corina Alfonso, o acto funcionará como un recoñecemento explícito ao talento feminino que formou parte da programación do FESTIGUAL desde a súa primeira edición en 2017.
O Teatro Rosalía de Castro acollerá esta festa da música o vindeiro mércores 4 de novembro, a partir das 20:30 horas, baixo o título Mulleres pola inclusión. Esta apertura marcará o pistoletazo de saída a máis de dúas semanas de programación accesible e gratuíta repartida por toda a cidade.

Rocío Cibes
27/11/24
FESTIGUAL naceu en 2017 co propósito de contribuír a construír unha cultura na que todas as persoas poidan participar en igualdade de condicións e de avanzar na eliminación das barreiras físicas, sensoriais, sociais e cognitivas que dificultan o acceso á cultura.
FESTIGUAL – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Coruña, Vegalsa-Eroski, a Fundación María José Jove, Reale Foundation e a Deputación da Coruña. Xestiona Culturactiva S. Coop.



