O Exército Mekemeke, o podcast galego nominado aos Premios Ondas

Galiza terá representación nos III Premios Ondas Globales del Podcast grazas á nominación do Exército Mekemeke. O podcast presentado por Carlos Vieito foi nominado na Categoría Mellor Podcast en Lingua Cooficial do Estado, xunto a “Extrema Catalunya” e “Gent normal” de Catalunya Radio, “Artxipelagoa” de Euskal Telebista e “Campeón!” de IB3. “É unha inmensa alegría e responsabilidade que nos nominasen por facer un podcast en galego nun evento desta categoría” afirma Carlos Vieito.

O Exército Mekemeke é un videopodcast en galego producido e presentado por Carlos Vieito que conta coa colaboración Miguel Abad, Lidia Veiga e Xabier Dios eventualmente. Ademais de contar cunha das voces en off máis recoñecida pola xabaxeración como é a de Antón Rubal. Este programa grávase semanalmente na radio local do Concello de Ames, conta cunha duración de 30 minutos e pódese ver e escoitar, principalmente, en Spotify e Youtube.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego