Nova mobilización da comunidade educativa. As e os estudantes de todo o país sairán ás rúas o vindeiro xoves, 19 de abril, para reclamar a creación dunha Lei Galega de Educación que permita establecer as bases dun ensino “feminista, democrático e de calidade”.
Entre os principais obxectivos desta convocatoria de folga, cómpre salientar o rexeitamento total ao coñecido como ‘Decreto 3+2’, o establecemento de medidas de “prevención e denuncia” das violencias machistas, a “democratización integral” das institucións educativas ou o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística para garantir o uso do galego nas aulas.
Apoio de Luís Villares
Este luns, o voceiro de En Marea no Parlamento galego, Luís Villares, expresaba o seu “firme apoio” a esta folga estudantil, lembrando cifras coma a taxa de paro xuvenil —arredor do 40%— que son a causa fundamental de que centos de mozos e mozas teñan que emigrar.