O documental Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos, producido por Nós Televisión, proxectarase este sábado, 18 de novembro, ás 19:30 horas, no Casino de Carballo, dentro da IV edición do Galidoc.
A proxección, forma parte dunha completa xornada con sesión triple de documentais dirixidos por Cristina de la Torre. Así, todo neste sábado, ás 12:00 proxectarase Aquí medra a lingua; ás 19:00, As covas de Valdeooras; e ás 19:30, Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos.
As sesións están abertas a todos os públicos e despois da proxección terá lugar un coloquio coa propia Cristina de la Torre.
O documental Saber Galiza estreouse na canle de youtube de Nós Televisión o pasado mes de outubro, coincidindo co centenario da fundación desta agrupación e tamén está dispoñible en Movistar Plus+, no servizo de contidos baixo demanda.