Baixo a dirección do vigués Alejandro Enríquez, o documental ‘Rapa’ chegará aos cinemas galegos este venres. Esta película retrata a tradición da Rapa das Bestas de Sabucedo e ofrece un relato sensible sobre a loita dunha comunidade por manter vivo o seu vínculo ancestral coa terra e os cabalos salvaxes.
O filme está protagonizado polos veciños e veciñas da aldea de Sabucedo, que preserva ese vínculo ancestral e íntimo cos cabalos salvaxes. O cabalo galego de monte está a desaparecer, só unhas poucas bestas resisten acosadas polos cuatreiros, os lobos… e agora tamén polos parques eólicos.
Os conflitos dos cabalos son os conflitos da comunidade pero case non quedan veciños para defender o territorio. Unha vez ao ano a aldea celebra a “Rapa das Bestas” e 15.000 persoas acoden a presenciar o atávico, os veciños cortando as crinas dos cabalos nun enfrontamento corpo a corpo. Pero todos marchan e ninguén ve a realidade detrás da Rapa: cada ano hai menos bestas no monte e –coma nun espello– menos xente na aldea.
Estrea nos cinemas
Con motivo da estrea do documental RAPA, o seu director Alejandro Enríquez estará este xoves nos Cantones Cines da Coruña para presentar o filme e manter un coloquio posterior co público asistente. O photocall será ás 19.45 horas e a proxección, ás 20.15 horas.
A estrea de ‘Rapa’ nos cinemas, que terá lugar o 22 de marzo, contará cunha xira especial en salas de varias localidades galegas, que promete ser unha experiencia cinematográfica que vai máis aló dun simple testemuño visual da tradición galega.
FERROL
Fecha: 22 de marzo
Hora: 17:30h
Lugar: Duplex Cinema
Coa presenza do director
CEE
Fecha: 22 de marzo
Hora: 20:00h
Lugar: Cines Xunqueira
A ESTRADA
Fecha: 23 de marzo
Hora: 11:00h
Lugar: Minicines Central
SANTIAGO
Fechas:
23 de marzo, 21:20h
25 de marzo, 21:35h
Lugar: Numax
VIGO
Fecha: 24 de marzo
Hora: 19:30h
Lugar: Cines Tamberlick
O equipo de Rapa
Alejandro Enríquez cofundou a produtora Mondotropo, onde comezou como montador e dende 2010 asumiu os roles de CEO e produtor executivo. Mondotropo especialízase na produción publicitaria, aínda que nos últimos anos abriu unha nova liña de produción para desenvolver proxectos propios.
‘Rapa‘ é unha produción de Rapa A Película AIE. Conta coa subvención de Agadic – Xunta de Galicia. Co apoio da Deputación de A Coruña, TVG, Turismo de Galicia e Crea SGR. Baños Films distribuirá o filme nos cinemas do territorio español. As vendas internacionais corren a cargo de Feel Sales.