O canal de YouTube de Nós Televisión conta, desde hoxe, coa incorporación do documental ‘De Carballo a Carvalho’ da Associaçom Galega da Língua (AGAL). Esta peza documental aborda a vida e obra do autor co gallo do ano no que lle dedicaron o Día das Letras.
De Carballo a Carvalho
A vida de Ricardo Carvalho Calero non foi fácil, mais tamén nos amosa un exemplo de superación que acabará forxando un dos intelectuais máis influíntes do século XX. Talvez fose a morte da súa nai cando aínda era un neno o que adiantou a súa madurez dunha forma que hoxe nos parece incrible, converténdose nun prestixioso escritor antes dos vinte anos. A Guerra de España colocouno no lado perdedor, no cárcere, depois do cal viviría un longo ostracismo. Pero tamén disto se vingou Carvalho, comezando a escribir precisamente unha monumental obra crítica literaria e lingüística. A partir de 1975 comeza a defender o reintegracionismo lingüístico, o que o levou a ficar afastado do mundo académico oficial que ata ese momento tanto o aplaudira. 30 anos despois, chegou o perdón.
Este documental está subvencionado pola Deputación da Coruña.
Ficha Técnica:
Realización e guión: Aser Álvarez
Gravación e edición: Xosé Roi Martinez
Montaxe: Laura Yáñez Bastos
Banda sonora orixinal: Moisés Quintas
Grafismo: Xosé Roi Mart
Produción: Arraianos Producións