‘O Diamante Galego’, documental sobre as relacións entre Galiza e Portugal

O Diamante Galego é un filme documental que nos achega ás relacións económicas galego-portuguesas, en especial ao espazo circunscrito ao Eixo Atlántico. Nel, abordamos o pasado, o presente e o futuro desa relación adiviñándose un fortalecemento da mesma ao igual que poderá contribuir tamén a unha maior integración lingüística. O documental da Associaçom Galega da Língua (AGAL) foi realizado por Nós Televisión e conta co apoio da Deputación da Coruña. 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego